Duke Nalon
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1913 Chicago, Estados Unidos de América |
Morte | 26 de febreiro de 2001 (87 anos) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un, enxeñeiro, piloto de automobilismo |
Deporte | automobilismo |
Dennis "Duke" Nalon (2 de marzo de 1913 - 26 de febreiro de 2001) foi un piloto estadounidense da Indy 500 de Chicago, Illinois.
Andaina nas carreiras
[editar | editar a fonte]Nalon comezou como membro do equipo en boxes para Wally Zale. Nalon quentaba ocasionalmente o coche. Cando Walter Galven necesitou un piloto, Zale convenceu a Galven para que permitise correr a Nalon. Nalon gañou o evento.[1]
Nalon foi alcumado "O duque de ferro". Nalon formou parte da "Chicago Gang" con Tony Bettenhausen. Fixeron unha xira polos circuítos d medio oeste e a costa leste dos Estados Unidos.[1]
Coches midget
[editar | editar a fonte]Nalon gañou carreiras na costa leste dos Estados Unidos na década de 1930. Nalon competiu en coches midget ao longo da súa carreira. Correu a súa última carreira na única carreira de migets de 100-mile (160 km) en Terre Haute. Levou ao famoso midget de Johnny Pawl á vitoria. Rematou a súa carreira como comezou: cunha vitoria.[1]
Coches sprint
[editar | editar a fonte]Gañou o campionato da Costa Leste de 1938 da AAA Sprint car.[1]
Coches indy
[editar | editar a fonte]Nalon comezou dez carreiras nas 500 Millas de Indianápolis, acabando só 3. Partiu da pole dúas veces e fixo dúas veces a volta rápida. En 1947, competiu nun Mercedes-Benz W154.
Accidente nas 500 Millas de Indianápolis de 1949
[editar | editar a fonte]En 1949, estivo involucrado nun accidente masivo e con lume na curva 3. Chocou contra omuro e o coche estalou en chamas. Sobreviviu porque retivo a respiración (para evitar a asfixia) e saltou do coche mentres aínda estaba en movemento. Tiña graves queimaduras nas pernas o que lle provocou problemas ata a súa morte en 2001.
Resultados na Indy 500
[editar | editar a fonte]
|
|
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte](Chave) (carreiras en letra grosa indican pole position; carreiras en itálica indican volta rápida)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1950 | Novi Mobil | Kurtis Kraft | Novi L8 | GBR | MON | 500 NSC |
SUI | BEL | FRA | ITA | NC | 0 | ||
1951 | Novi Purelube | Kurtis Kraft | Novi L8 | SUI | 500 10 |
BEL | FRA | GBR | ALE | ITA | ESP | NC | 0 | |
1952 | Novi Pure Oil | Kurtis Kraft | Novi L8 | SUI | 500 25 |
BEL | FRA | GBR | ALE | NED | ITA | NC | 0 | |
1953 | Novi Governor | Kurtis Kraft | Novi L8 | ARX | 500 11 |
NED | BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | NC | 0 |
1954 | Novi Pure Oil | Kurtis Kraft | Novi L8 | ARX | 500 NSC |
BEL | FRA | GBR | ALE | SUI | ITA | ESP | NC | 0 |
Resumo da súa carreira no Campionato Mundial
[editar | editar a fonte]As 500 Millas de Indianápolis formou parte do Campionato Mundial FIA desde 1950 ata 1960. Os pilotos que competiron na Indy durante eses anos puntuaron e participaron no Campionato Mundial. Duke Nalon participou en 3 carreiras do Campionato do Mundo. Comezou na pole unha vez pero non logrou puntuar no Campionato Mundial.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Biography at the National Midget Auto Racing Hall of Fame Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.
- ↑ Duke Nalon Indy 500 Race Stats Arquivado 8 de maio de 2006 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Duke Nalon |